A historia é nosa e fana os pobos

lunes, 25 de octubre de 2010

Estes días deuse a coñecer a noticia de que Ryanair suspende todos os bos internacionais que voaban a Santiago, quere dicir que desaparecen os tres que quedan xa que outros moitos foron desaparecendo paulatinamente. Outra vez vemos o gran facer do goberno da gavota ao fronte da Xunta de Galicia. Se analizamos esta noticia friamente, podemos apreciar que isto non ten nin pes nin cabeza. Resulta que nestes intres, o aeroporto de Santiago (Lavacolla) está sendo ampliado con outra terminal mais o que fará que aumente nun 50% a súa capacidade. Pois ben, estamos a facer unha inversión multimillonaria, porque non creo eu que unha terminal de aeroporto sexa moi barata, e o goberno de Feijoo, que tiña unha oferta de Ryanair para que esta se instalara como sede en Santiago, colle e dilles que nada, que non os queren, po lo que os irlandeses emigran. Nesto punto teño moitas preguntas na cabeza como ¿entón porque invertemos nunha nova terminal? ¿acaso non chegan as instalacións que temos ca pouca oferta que hai nestes momentos? ¿en que vamos a viaxar a Europa? ¿isto é unha boa medida para o turismo?

Por outra banda, dicir que nós, a mocidade, que temos ganas de viaxar ou que queremos aprender un idioma ¿ A onde imos? Teremos que ir collendo un cachiño de Cíes, Ons ou Sálvora porque estamos illándonos cada vez máis. Bueno, creo que hai algo positivo nesta medida, imos facer ricos os portugueses xa que eles no aeroporto de Porto teñen unha ampla oferta de voos e todos os galegos que queiramos viaxar teremos que pagarlles as peaxes tan de moda nestes tempos. Iso si, as subvencións para que veña o Papa que non falten que iso trae turistas. Aínda que con estas medidas terán que vir camiñando polo Camiño de Santiago porque se non van amolados.

sábado, 9 de octubre de 2010

Ó PP non lle interesa o SUG


Unha vez máis o Partido Popular demostra ter unha visión exclusivamente mercantilista da educación. Primeiro realiza un ERE encuberto coa reagrupación do alumnado e a diminución de prazas e agora ataca ó sistema universitario.

No plan anterior o SUG (Sistema Universitario de Galicia) recibiu 2209 millóns entre o 2005 e o 2010 por parte de Xunta agora, o SUG pasará a recibir 2000 entre os 2010 e 2015. De tal xeito a universidade unha vez máis verá a súa capacidade de traballo mermada por non contar co presuposto suficiente.

Entendemos o SUG como unha inversión de futuro, inverter no SUG é inverter nos futuros profesionais do país, polo tanto non entendemos que se reduza o presuposto habendo proxectos inútiles e visitas inútiles como a Cidade da Cultura

Na actualidade a universidade encontrase inmersa no plan Boloña, plan que para poder funcionar con garantías require que o nivel de investimento na universidade se equipare ó das grandes potencias. Con este obxetivo o goberno galego anterior acordou chegar a adicar 1,0 do PIB a financiar a universidade (actualmente 0.7%). O PP agora renuncia a chegar a esta cifra.

XSG da Pobra manifesta o seu total desacordo con este Plan de Financiamento. Cremos que o PP se esconde detrás crise para realizar unha práctica habitual, recortar os servizos públicos .A vista destas medidas podemos concluír que ó PP non lle interesa o máis mínimo a educación, nin que todos os galegos e galegas teñamos a posibilidade de acceder a unha educación superior de calidade .

XSG da Pobra manifesta o seu total desacordo con este Plan de Financiamento. Creemos que o PP se oculta detrás da crise para atacar os servizos públicos, neste caso a Educación Pública. Un servizo que brinda a posibilidade de que todos accedamos a unha educación superior de calidade e que formara os futuros traballadores que nos farán un país máis forte e menos vulnerable.