A historia é nosa e fana os pobos

miércoles, 16 de marzo de 2011

Enerxía nuclear ou renovables??


Si por algo se caracteriza o ser humano é por aprender dos fallos e catástofres acontecidas. O desastre nuclear de Xapón debe servir de estímulo para cambiar un debate que leva moito tempo en discusión, entre defensores e detractores da enerxía nuclear.

Os defensores da enerxía nuclear quédanse sen argumentos para defender esta enerxía , aínda que non dubido en que estes non se van a agochar pese a que Merkel, a máxima defensora das nucleares en Europa, xunto con Francia, xa estea dando marcha atrás. Dicían que o risco dunha fusión no reactor nuclear era “cero”, xa que eran seguras. Unha vez máis a nai terra demostrou o contrario, que nunca hai risco cero.

Cando foi da catástrofe de Chernobil, aprendeuse a que unha central nuclear necesita unha protección específica para evitar incidentes. Pensouse que esa coraza era indestrutible, pero esquecéronse que a natureza é a única que ten a última palabra.

Outro dos argumentos que poñían enriba da mesa era que cas nucleares non teríamos que depender de outros. Eu sempre me preguntei ¿onde temos nós minas de Uranio enriquecido?

O problema de fondo desta catástrofe non son os millóns perdidos nunha infraestrutura carísima, son os danos as persoas e natureza. Íso é o máis importante de todo e parece que algunha vez esquecémonos desto.

Para os defensores da nuclear que me poidan dicir que cas renovables non se pode vivir, eu dígolles que é mentira, aínda que unicamente con renovables non poderíamos vivir co mesmo nível de vida hoxe en día debido o gasto enorme de electricidade na actualidade e debido tamén que aínda non hai tanta potencia instalada.

Aquí entramos a xuventude, que nesto temos moito que dicir. Os próximos anos serán duros, xa que a realidade é que cada vez hai menos petróleo e este cada vez está máis caro. O que nos toca a todos é apretar o cinto no que se refire a aforro enerxético, aprender dos erros cometidos e non defender unha causa que trae consecuencias terribles para a humanidade.