A historia é nosa e fana os pobos

jueves, 11 de noviembre de 2010

E.D.A.R da Pobra do Caramiñal



As Xuventudes Socialistas da Pobra opinan a través do seu responsable sobre o medio ambiente na Pobra, Manuel Gude, que é voceiro desta área e estudante de último curso da licenciatura de enxeñería industrial. Queremos mostrar a preocupación que os veciños nos transmiten por mor do desastre medioambiental da vila, así como da nula conciencia ecolóxica mostrada polo goberno municipal o longo de 12 anos de goberno. Queremos aportar a nosa visión e os nosos coñecementos para afrontar dun xeito decidido un mal endémico que vén padecendo dende fai moitos anos o noso concello.

Fixemos un estudio dos planos da edar que están publicados na páxina web de Augas de Galicia. Polo que apreciamos o funcionamento da edar da Pobra non é o correcto nin moito menos. Os cheiros que desprende son un claro sinal do mal funcionamento de esta. Aínda que está pensada para uns 30.000 habitantes está mal confeccionada según a documentación publicada.

Temos un tema de fondo, esta edar, esta deseñada para eliminar a auga residual dos veciños, non das industrias sen pre depuración. Parecerá que isto é unha nimiedade pero a realidade é que os vertidos e desfeitos que verten as empresas non son nin o mesmo nin na mesma cantidade. Por exemplo, unha empresa non paga a luz co mesmo prezo que nós os veciños, ou tampouco e o mesmo prezo para o abastecemento de auga….¿entón porque teñen que verter sen un tratamento previo?

Por outra banda, hai que sinalar que está mal concibida, xa que neses planos que atopamos na páxina web de Augas de Galicia, un dos tratamentos mais importantes non está presente. Trátase da decantación primaria que é onde a auga unha vez pasada a etapa de desarenado-desengrasado debería estar en repouso un día polo menos, para que todos os elementos solubles que levan as augas fecais quedaran no fondo e as graxas que podan quedar nesta, quedaran na superficie. ¿cal é o problema de que non haxa este tratamento? Pois é moi sinxelo, o meter a auga tal e como ven da etapa de desarenado-desengrasado, no reactor biolóxico, fai que as bacterias aerobias e anaerobias morran e non fagan o seu traballo. Isto é unha das causas dos malos olores e de que a auga non esté de todo depurada cando sae da Edar. Cabe subliñar un dato gracioso, que na Pobra temos decantador secundario, que como di o propio nome de este, tería que haber antes un primario, ¿ou non?? pois nada mais lonxe da realidade.

Dende Xuventudes Socialistas da Pobra, solicitamos que se lle esixa as empresas radicadas na Pobra unha pre depuración das augas e tamén unha instalación do decantamento primario xa que o medio ambiente non entende de aforrar. Por outra parte, tamén solicitamos xa que temos un silo de fangos, estes son riquísimos en termos de enerxía, e producen moito biogás, e este pódese utilizar para queimar e producir electricidade. Entendemos que si se sacaran unha cantidade importante de fangos, poderiamos producir electricidade para todos os nosos cidadáns. As cousas ben feitas nin cheiran nin son unha ruína económica. Nos preocupa o benestar das empresas porque son xeradoras de emprego e riqueza pero é necesario facer compatible o desenvolvemento económico, co respecto ó medio ambiente e ó cumprimento da lexislación ambiental. Isto e o obxectivo.