A historia é nosa e fana os pobos

jueves, 11 de noviembre de 2010

E.D.A.R da Pobra do Caramiñal



As Xuventudes Socialistas da Pobra opinan a través do seu responsable sobre o medio ambiente na Pobra, Manuel Gude, que é voceiro desta área e estudante de último curso da licenciatura de enxeñería industrial. Queremos mostrar a preocupación que os veciños nos transmiten por mor do desastre medioambiental da vila, así como da nula conciencia ecolóxica mostrada polo goberno municipal o longo de 12 anos de goberno. Queremos aportar a nosa visión e os nosos coñecementos para afrontar dun xeito decidido un mal endémico que vén padecendo dende fai moitos anos o noso concello.

Fixemos un estudio dos planos da edar que están publicados na páxina web de Augas de Galicia. Polo que apreciamos o funcionamento da edar da Pobra non é o correcto nin moito menos. Os cheiros que desprende son un claro sinal do mal funcionamento de esta. Aínda que está pensada para uns 30.000 habitantes está mal confeccionada según a documentación publicada.

Temos un tema de fondo, esta edar, esta deseñada para eliminar a auga residual dos veciños, non das industrias sen pre depuración. Parecerá que isto é unha nimiedade pero a realidade é que os vertidos e desfeitos que verten as empresas non son nin o mesmo nin na mesma cantidade. Por exemplo, unha empresa non paga a luz co mesmo prezo que nós os veciños, ou tampouco e o mesmo prezo para o abastecemento de auga….¿entón porque teñen que verter sen un tratamento previo?

Por outra banda, hai que sinalar que está mal concibida, xa que neses planos que atopamos na páxina web de Augas de Galicia, un dos tratamentos mais importantes non está presente. Trátase da decantación primaria que é onde a auga unha vez pasada a etapa de desarenado-desengrasado debería estar en repouso un día polo menos, para que todos os elementos solubles que levan as augas fecais quedaran no fondo e as graxas que podan quedar nesta, quedaran na superficie. ¿cal é o problema de que non haxa este tratamento? Pois é moi sinxelo, o meter a auga tal e como ven da etapa de desarenado-desengrasado, no reactor biolóxico, fai que as bacterias aerobias e anaerobias morran e non fagan o seu traballo. Isto é unha das causas dos malos olores e de que a auga non esté de todo depurada cando sae da Edar. Cabe subliñar un dato gracioso, que na Pobra temos decantador secundario, que como di o propio nome de este, tería que haber antes un primario, ¿ou non?? pois nada mais lonxe da realidade.

Dende Xuventudes Socialistas da Pobra, solicitamos que se lle esixa as empresas radicadas na Pobra unha pre depuración das augas e tamén unha instalación do decantamento primario xa que o medio ambiente non entende de aforrar. Por outra parte, tamén solicitamos xa que temos un silo de fangos, estes son riquísimos en termos de enerxía, e producen moito biogás, e este pódese utilizar para queimar e producir electricidade. Entendemos que si se sacaran unha cantidade importante de fangos, poderiamos producir electricidade para todos os nosos cidadáns. As cousas ben feitas nin cheiran nin son unha ruína económica. Nos preocupa o benestar das empresas porque son xeradoras de emprego e riqueza pero é necesario facer compatible o desenvolvemento económico, co respecto ó medio ambiente e ó cumprimento da lexislación ambiental. Isto e o obxectivo.

lunes, 25 de octubre de 2010

Estes días deuse a coñecer a noticia de que Ryanair suspende todos os bos internacionais que voaban a Santiago, quere dicir que desaparecen os tres que quedan xa que outros moitos foron desaparecendo paulatinamente. Outra vez vemos o gran facer do goberno da gavota ao fronte da Xunta de Galicia. Se analizamos esta noticia friamente, podemos apreciar que isto non ten nin pes nin cabeza. Resulta que nestes intres, o aeroporto de Santiago (Lavacolla) está sendo ampliado con outra terminal mais o que fará que aumente nun 50% a súa capacidade. Pois ben, estamos a facer unha inversión multimillonaria, porque non creo eu que unha terminal de aeroporto sexa moi barata, e o goberno de Feijoo, que tiña unha oferta de Ryanair para que esta se instalara como sede en Santiago, colle e dilles que nada, que non os queren, po lo que os irlandeses emigran. Nesto punto teño moitas preguntas na cabeza como ¿entón porque invertemos nunha nova terminal? ¿acaso non chegan as instalacións que temos ca pouca oferta que hai nestes momentos? ¿en que vamos a viaxar a Europa? ¿isto é unha boa medida para o turismo?

Por outra banda, dicir que nós, a mocidade, que temos ganas de viaxar ou que queremos aprender un idioma ¿ A onde imos? Teremos que ir collendo un cachiño de Cíes, Ons ou Sálvora porque estamos illándonos cada vez máis. Bueno, creo que hai algo positivo nesta medida, imos facer ricos os portugueses xa que eles no aeroporto de Porto teñen unha ampla oferta de voos e todos os galegos que queiramos viaxar teremos que pagarlles as peaxes tan de moda nestes tempos. Iso si, as subvencións para que veña o Papa que non falten que iso trae turistas. Aínda que con estas medidas terán que vir camiñando polo Camiño de Santiago porque se non van amolados.

sábado, 9 de octubre de 2010

Ó PP non lle interesa o SUG


Unha vez máis o Partido Popular demostra ter unha visión exclusivamente mercantilista da educación. Primeiro realiza un ERE encuberto coa reagrupación do alumnado e a diminución de prazas e agora ataca ó sistema universitario.

No plan anterior o SUG (Sistema Universitario de Galicia) recibiu 2209 millóns entre o 2005 e o 2010 por parte de Xunta agora, o SUG pasará a recibir 2000 entre os 2010 e 2015. De tal xeito a universidade unha vez máis verá a súa capacidade de traballo mermada por non contar co presuposto suficiente.

Entendemos o SUG como unha inversión de futuro, inverter no SUG é inverter nos futuros profesionais do país, polo tanto non entendemos que se reduza o presuposto habendo proxectos inútiles e visitas inútiles como a Cidade da Cultura

Na actualidade a universidade encontrase inmersa no plan Boloña, plan que para poder funcionar con garantías require que o nivel de investimento na universidade se equipare ó das grandes potencias. Con este obxetivo o goberno galego anterior acordou chegar a adicar 1,0 do PIB a financiar a universidade (actualmente 0.7%). O PP agora renuncia a chegar a esta cifra.

XSG da Pobra manifesta o seu total desacordo con este Plan de Financiamento. Cremos que o PP se esconde detrás crise para realizar unha práctica habitual, recortar os servizos públicos .A vista destas medidas podemos concluír que ó PP non lle interesa o máis mínimo a educación, nin que todos os galegos e galegas teñamos a posibilidade de acceder a unha educación superior de calidade .

XSG da Pobra manifesta o seu total desacordo con este Plan de Financiamento. Creemos que o PP se oculta detrás da crise para atacar os servizos públicos, neste caso a Educación Pública. Un servizo que brinda a posibilidade de que todos accedamos a unha educación superior de calidade e que formara os futuros traballadores que nos farán un país máis forte e menos vulnerable.

lunes, 27 de septiembre de 2010

Inversión en deporte e nestes campions!!!



Dende aquí queríamos facer mención ao problema que esta tendo o equipo ciclista Xacobeo Galicia por falta de financiación da Xunta.
Aquí ven un pouco de historia. Fai catro anos Karpin (ese xogador rubiño do celta) e Alvaro Pino(ex ciclista de Ponteareas) coñecense e quere fundar un equipo ciclista en Galicia. Consiguen que a Xunta financiara case a metade do equipo e sale a palestra co nome de Karpin Galicia. Teñen os seus primeiros éxitos e son un equipo do mais peleón no pelotón, reciben eloxios de todo o mundo, etc. Pero Karpin decide marchar para Rusia e entón, e aí, cando a Xunta gobernada polo bipartito, colle todo o patrocinio do equipo que se pasa a chamar Xacobeo Galicia. E que contar nesta época, 2 victorias de etapa na Volta a España(Gustavo Cesar Veloso e Eze Eze....Ezequiel Mosquera), un segundo posto na general (Ezequiel), un primeiro por equipos, e despois competición como a Volta a Turquía (David García) ou a Volta a Cataluña(Gustavo Cesar Veloso, case un veciño) no seu palmares.
Agora co goberno do gasto cero resulta que xa non o queren ver participar, despois de tantos logros en tan poucos anos e empezando de 0!! Pero eso si gastemos unha millonada na visita do Papa (entre 3 e 5 millones depende das fontes), con esos cartos tíñamos Xacobeo Galicia para dous ou tres anos. Nunha entrevista que estaba leendo, atopeime con Veloso destrozado por ter que abandonar o equipo e decia, textualmente,"de todos os colexios aos que fumos tanto en equipo como cada un dos ciclistas sós nestes últimos anos para que nos viran os chavais. Agora pregúntaste se pagou a pena. E ves que si, pero tamén que a eses rapaces que nos podían ter como espello se lles quita de diante"

Sempre goberno de Feijoo quitando espellos, estimulos, educación, pero claro en quen repercute esto.......NA MOCIDADE. Eso si, veremos cantos rapaces e rapazas galegas estan co Papa!!!

Por suposto dende aqui estamos co Xacobeo e cos seus corredores que tendes un mérito increible!!!

sábado, 31 de julio de 2010

"La mala educación" non é só o título dunha película


O xoves asistimos algúns membros do XSG da Pobra a un espectáculo maís que bochornoso. O que nos chamou a atención non foi que goberno e oposición se tirasen os trastes, o que realmente nos chamou a atención foi a actividade que desenvolvía 2 concelleiras, como non do PP. Ámbalas 2 concelleiras adicaron a tardiña a ler un libro aproximadamente case 2 horas .

Dende xuventudes socialistas da Pobra felicitámolas polo seu habito lector xa que a súa conduta sería e exemplar e digna de mención se actividade non a desenvolvesen DURANTE UN PLENO NO CONCELLO.!!!!!. Era curioso a súa actitude cando o noso excelentísimo alcalde da Pobra Isaac Maceiras pedía respecto, elas manifestaban a súa conformidade co que o alcalde dicía, iso si ós 10 segundos volvían ó libro que debía ser ben interesante. VIVA A EDUCACIÓN!! Tamén se deron de conta de que nos estábamos canto menos sorprendidos pola súa actitude, pero seguiron o seu…

As rapazas e rapaces de XSG da Pobra recordámoslle a estas concelleiras que foron elixidas para facer un traballo, representar o pobo, e que se lles aburre ou prefiren ler deberían deixar o seu posto ou polo menos ter unha actitude respetuosa.

Para maior comodidade a hora de ler recomendámoslle a estas concelleiras do PP a biblioteca que en verán ten horario intensivo de 8 da maña a 2 da tarde

que diredes vos, moi ben , pero e a imaxe? pois , ten a súa lóxica como vedes Bush non ten sentimentos é un asasino pero o que lle debemos recoñecer é que sabe que no Congreso non se pode leer polo que o fai nun colexio ( bueno... ler ler mmmmmm... non le moito)

jueves, 22 de julio de 2010

Comezamos!!!

Ola a todos!!!


Por fin hai Xuventudes Socialistas na Pobra!! , sen tempo non foi. Prometemos dar moita moita guerra e sacarlle as cores a maís de un.

Recollemos o testigo e o exemplo de compañeiros e militantes como Salvador Pazos, Genoveva, Angel... que traballaron e traballan por facer da Pobra un sitio mellor. Nos temos a intención de seguir ou seu exemplo.



Por último, xa sabes si eres un mozo da Pobra de esquerdas que queres loitar polos teus dereitos , por facer da túa vila un sitio mellor e queres terminar coas lindezas que nos dedica o PP chamándonos irresponsables, analfabetos e demais lindezas xa sabes SÚMATE A NOS!!! xsgpobra@gmail.com

Un saúdo!!!!